Neste curso achegámonos ás mellores prácticas internacionais mellores con respecto a:
· Estudantes de altas capacidades
· Estudantes con problemas de comportamento
· Estudantes con dificultades de aprendizaxe
· Estudantes con necesidades especiais
· Xestión da Aula Inclusiva
Metodoloxía
O aspecto principal do curso foi promover a colaboración entre participantes. As sesións desenvolvéronse nas aulas dunha escola de secundaria de Kalamata, na sala de ordenadores e no exterior. Procurouse un proceso de aprendizaxe práctico máis que coñecemento teórico. O curso deseñouse con métodos de aprendizaxe activa.
As competencias adquiridas foron:
· Familiarizarse coa terminoloxía chave con respecto á educación inclusiva
· Comprometerse activamente con métodos modernos de ensinar e vivir a aula inclusiva
· Comprometerse activamente coa xestión da aula inclusiva
· Familiarizarse co ensino-aprendizaxe entre iguais (peer-to-peer) e métodos colaborativos de aprendizaxe
· Mellorar a competencia comunicativa en inglés
· Mellorar a tecnoloxía utilizada para deseñar aulas ou outras actividades
· Motivarse no traballo diario
· Coñecer como se traballa noutras escolas europeas e compartir experiencias
· Coñecer otros sistemas educativos europeos
· Desenvolvido un sentido de identidade e cidadanía europea convivindo con outros profesores europeos
Comments